Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-816.2274/14
Clasificación Genérica Armamento
Objeto/Documento Espada
Materia/Soporte Ferro
Técnica Forxado
Dimensiones Largo total = 40 cm; Longo = 4 cm; Diámetro = 0,40 cm
Descripción Espada curta de fabricación baixo medieval, de folla de sección plana con dobre fío. A folla consérvase enteira rematando nunha punta de forma triangular. Non ten marcas de ningún tipo nin inscricións. Perdeu a empuñadura, pero conserva parte de dous remaches e os seus vástagos para a subxección desta.
Datación 1240-1475
Contexto Cultural/Estilo Idade Media
Uso/función Militar / Armamento ofensivo / Utensilio de corte.
Lugar de Procedencia Rocha Forte (A)
Lugar Específico/Yacimiento Castelo da Rocha Forte
Clasificación Razonada A espada ten unha gran carga simbólica no ámbito militar. Símbolo tanto da guerra coma do guerreiro, marcando tamén o status social e económico da persoa que a porta. Neste caso, debido as súas características formais e a súa austeridade podemos determinar que formaría parte da panoplia tradicional dun soldado da época, no noroeste da península Ibérica.

O contexto arqueolóxico no se que se enmarca esta espada é o Castelo Medieval da Rocha Forte a poucos quilómetros da cidade de Santiago, fortaleza militar baixomedieval e complexo residencial do arcebispo, señor das terras de Santiago. Construído en 1255 polo prelado Juan Arias e remodelado posteriormente en diversas ocasións. A presenza de material arqueolóxico relacionado con actividades belicosas, non é de estrañar xa que este espazo foi escenario dos diversos conflitos entre os cidadáns de Santiago de Compostela e o señor destas terras en torno ó 1320. O último episodio bélico que ten lugar neste emblemático asentamento, foi no marco das guerras Irmandiñas, que tras un primeiro asalto en 1458, levado a cabo pola irmandade de Santiago, e apoiada polo conde de Trastámara, será definitivamente destruído no 1466 (Casal R., Acuña F., González G., 2006: 430).

Entre o repertorio armamentístico da Rocha Forte, atópanse numerosas puntas de saeta, unha folla de espada de ferro e puntas de lanza. En materia pétrea, unha gran cantidade de bolaños relacionados directamente cos asedios, ataques e defensa do último conflito irmandiño.

BIBLIOGRAFÍA:
- Casal R. et. Alli.: "La fortaleza de A Rocha Forte (Santiago de Compostela). Campaña de 2004". Gallaecia, nº 24, 193 - 218, 2005.

- Casal R., Acuña F., González G.: "O Castelo Gótico da Rocha Forte, Santiago de Compostela". Os capítulos da Irmandade. Peregrinación e conflito social na Galicia do século XV. 2006.

- Suárez Otero, J., Ayán Vila, X., Marín Suárez, C.: Rocha Forte. Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación. Concellería de Desenvolvemento Urbano e Sostible. Concello de Santiago, 2013.
Bibliografía LÓPEZ CARREIRA, Anselmo; LÓPEZ PATO, Sabela. Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia: [Ourense, Braga, Monforte de Lemos, 2009]. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Turismo, 2009. pp. 40-41.
Forma de Ingreso Depósito por intervención arqueolóxica. Escavación
Fecha de Ingreso 07/11/2006
Catalogación Domínguez Pallas, Desirée; del Río Canedo, Verónica; Riveiro Rivera, David
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6